Queres producir cogumelos e castañas no teu monte? Apresúrate a pedir a subvención para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte antes do 7 de setembro. A Xunta de Galicia publicou o 12 de xullo de 2007 a orde pola que se establecen ditas axudas.

En Hifas da Terra temos unha amplia experiencia en planificación e execución de proxectos para a valorización dos nosos montes. Somos especialistas no deseño, planificación e execución de proxectos que encaixan perfectamente nesta liña como:

  • Plantación de castiñeiros, carballos ou piñeiros micorrizados para produción de cogumelos.
  • Micorrización de montes para o aumento de productividade micolóxica.
  • Proxectos de ordenación de superficies forestais.
  • Planificación de zonas verdes produtivas e espacios de uso público no medio rural.
  • Proxectos para cultivo de cogumelos de diferentes especies (Shiitake, Pleurotus sp., Agrocybe, Maitake, etc.).
  • Programas e cursos de formación en castañicultura e micoloxía aplicada.
  • Plantacións de froitos silvestres como frambuesas e grosellas.

Dentro da orde do 12 de xullo de 2007 contémplanse subvencións entre o 50-100% do custo total para este tipo de intervencións. No caso de estar interesado en realizar algún proyecto deste tipo, poderiamos asesorarte na petición destas axudas.

Para calqueira dúbida podes poñerte en contacto connosco no mail info@hifasdaterrra.com  ou no teléfono +34 986 861 087.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

0
    0
    Carrito
    Tu carrito está vacioVolver a la tienda