Dende Hifas da Terra ofrecémosche un servizo de axuda para a xestión destas subvencións. Para máis información ponte en contacto co noso Dpto. Forestal a través do correo electrónico forestal@hifasforesta.com

header

A Xunta de Galicia convoca novas axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

DOG núm.115  (luns 19 de xuño de 2017) – Corrección de erros DOG núm. 123 (Xoves, 29 de xuño de 2017)

Orde do 8 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014 – 2020, e se convocan para o ano 2017.


 

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas e proceder a súa convocatoria para o ano 2017 en réxime de concorrencia competitiva.

As axudas obxecto de subvención son as seguintes:
a) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo I desta orde.
b) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas de especies frondosas caducifolias con especies do anexo II desta orde.

Tipos de superficies obxecto de axuda.

  1. Poderán ser obxecto de axuda as actuacións naqueles terreos que estean identificados no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Sixpac) como:

          – Forestal (FO).                         – Pasto con arboredo (PA).                               – Pasto arbustivo (PR).

  1. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas.
  2. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.
  3. As zonas que se van forestar, xa sexan terras agrícolas abandonadas, terreos de ermo, terreo con arbustos e matos ou arboredo cunha fracción de cabida cuberta inferior ao 20 %, deberán estar identificadas nalgún dos tres grupos do Sixpac indicados no punto 1 e, en todo caso, deberá cumprirse o establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia e a normativa de desenvolvemento.
  4. Non se concederá axuda sobre parcelas situadas en hábitats definidos como prioritarios como pola Directiva 92/43/CEE nos espazos protexidos.
  5. A cualificación urbanística das parcelas que se vaian forestar deben admitir as actuacións polas que se solicita axuda.
  6. As densidades mínimas de plantación deberán ser as seguintes:
    a) Anexo I (coníferas): a densidade de plantación será de polo menos 1.100 plantas/ha.
    b) Anexo II (frondosas): a densidade de plantación será de polo menos 625 plantas/ha.
  7. Superficies mínimas e máximas para solicitar as axudas e superficies excluídas
    Superficie mínima:
    a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor e os propietarios particulares de xeito individual, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas, en couto redondo de superficie mínima de 1 hectárea.
    b) Para propietarios particulares de xeito individual a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 hectárea nun único couto redondo.
    c) No caso das Sofor, a superficie mínima de actuación será de 3 hectáreas.
    Superficie máxima:
    a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor e dos propietarios particulares de xeito individual, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 50 hectáreas nun ou varios coutos redondos, sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea. No caso das Sofor, a superficie máxima de actuación será de 50 hectáreas.
    b) Para propietarios particulares de xeito individual, a superficie de actuación máxima por solicitude será de 15 hectáreas nun ou varios coutos redondos, e sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea.
    c) Malia o establecido nos parágrafos anteriores a superficie máxima de actuación pola que se poderá solicitar axuda en superficies que se encontren dentro da Rede Natura 2000 será de 6 hectáreas independentemente do tipo de propietario.
  8. En todos os casos de continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
  9. Intensidade da axuda: A intensidade de axuda para estas actuacións será do 100 % calculándose a axuda sobre o custo real subvencionable do investimento determinado no correspondente proxecto técnico ou no anexo XIII, segundo sexa o caso. (O IVE non é subvencionable).
  10. Actuacións obxecto de axuda e importes máximos subvencionables. As actuacións que poderán ser obxecto de subvención son as seguintes:
    a) Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais:
    Estos gastos incluirán os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, adquisición de planta, así como os de plantación propiamente dita e a área de defensa contra incendios forestais.

O importe máximo do investimento en euros por hectárea de actuación, que se calculará aplicando os valores recollidos no anexo III, será de 1.853 euros en especies do anexo I(coníferas), e de 2.398 euros en especies do anexo II (frondosas).

Podes descargarte a continuación as bases da axuda ou pinchar no seguinte link para máis información.

[gview file=”https://hifasforesta.com/wp-content/uploads/2017/07/Creación-de-superficies-forestales.pdf”]

 

Corrección de erros:

[gview file=”https://hifasforesta.com/wp-content/uploads/2017/07/Correcion-erros_Creacion-de-superficies-forestais.pdf”]

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

0
    0
    Carrito
    Tu carrito está vacioVolver a la tienda